begoña paz [1]

"Praia das catedrais, 28 de marzo de 2010. Non son fermosas. Elixinas polas súas arestas, polas fendas entre as laxes. Feridas, rotas. Posando para a foto, lémbranme un barco a buscar refuxio nun peirao escuro. Coma min, antes do naufraxio. Xa non preciso refuxiarme, agocharme en ninguén. Tres meses despois."